|
Fuente : Real Club Celta de Vigo
http://www.celtavigo.net/
DECLARACIóN DEL GOBIERNO MUNICIPAL DE VIGO
/noticias.info/ El Gobierno Municipal de la ciudad de Vigo ha hecho público una declaración sobre la situación deportiva que atraviesa el Real Club Celta. En ella se destaca la especial preocupación por las posibles repercusiones negativas que podría acarrear un descenso del equipo; desde los temas deportivos hasta el impacto en la economía local.
Texto íntegro de la declaración.
A situación deportiva que atravesa o Real Club Celta é motivo de especial preocupación para os vigueses. E, polo tanto, tamén para o Concello de Vigo.
Temos que lembrar que o Real Club Celta é unha entidade galardoada coa Medalla de Ouro da Cidade e que, na actualidade, significa un fenómeno de cohesión social. Un descenso de categoría tería moi notables repercusións negativas para Vigo. Os afeccionados sofrirían as consecuencias dos aspectos puramente deportivos. pero a cidade veríase afectada por outros de indudable magnitude, de incuestionables repercusións negativas.
A ninguén se lle escapa o impacto enormemente positivo que para a sociedade viguesa ten a celebración en Balaídos de partidos de fútbol de Primeira División e, por suposto, de competicións europeas: cómo a economía local se beneficia e cómo a imaxe de Vigo se proxecta permanentemente a todo o mundo a través dos medios de comunicación.
Vivimos vésperas de momentos absolutamente decisivos. temos por diante tres auténticas fináis para noso equipo representativo. Todos debemos ser conscientes do moito que está en xogo e do estímulo que, co noso firme apoio, podemos prestar a quen ten nas súas botas, agora mesmo, a posibilidade de que Vigo siga sendo -futbolísticamente- unha cidade de primeira.
Por iso desexamos facerlles chegar aos xogadores, ao novo equipo técnico e ao Consello de Administración do Real Club Celta, o apoio decidido deste Goberno, ao tempo que lles pedimos o máximo esforzo, a máxima entrega e certo para acadar o obxetivo de manter o equipo en Primeira División.
Necesitamos que o noso equipo continúe na máxima categoría do fútbol español.
É hora de dicir, con máis forza que nunca:
¡Hala Celta!
05/05/2004 notas_de_prensa_archivo
|