más de 350.000 notas de prensa publicadas  
agencia internacional de noticias
notas de prensa
publicar
24 horas
mapa
noticias gratis
 
  ¿Qué? |¿Por qué?| Servicios | Contenidos |Aprenda Contratar Busca y compra online compras Busca millones de vídeos vídeos

  busca y recomienda millones de vídeos  
noticia patrocinada
noticias.info: publique ilimitadas notas de prensa y envíelas a todos los medios de España por sólo 299€/año
 

 


  Google
  Internet
noticias.info


Archivo > 2004 > Mayo > Lunes 17 > noticia n° 24.145





Fuente : BNG (Bloque Nacionalista Galego)
http://www.bng-galiza.org/

Nogueira lembrou que Galiza é unha realidade nacional preexistente á conformación do Estado español

A Galeusca actual reivindicou no Panteón dos Galegos Ilustres a memoria da Galeusca de 1933, na procura tamén do recoñecimento do carácter nacional de Catalunya, Euskadi e Galiza quer no espazo estatal quer no europeu.

/noticias.info/ Galeusca Pobos de Europa é a candidatura coa que concorren conxuntamente ás eleccións europeas de 13 de Xuño o Bloque Nacionalista Galego, Convergencià i Unión, o PNV, o Bloc Nacionalista Valencià e o Partit Socialista de Mallorca.

Após realizaren os líderes de CiU, PNV e BNG unha oferenda floral perante o sepulcro do autor do “Sempre en Galiza”, Anxo Quintana tomou a palabra para dirixirse á memoria da figura histórica máis importante do nacionalismo galego.

“Querémosche dicer Castelao, perante ti, neste 17 de Maio, que a esperanza segue viva, que os nacionalistas bascos, galegos e cataláns voltamos a estar aquí con Galeusca, e que o espírito de liberdade, entusiasmo e tolerancia que impulsou daquela o voso labor é o mesmo que impulsa hoxe o noso. Vimos de viver tempos de intolerancia e exclusión, mais os nacionalistas ollamos sempre para adiante, e seguindo o teu ensino seremos capaces de traballar neste tempo político para, através de Galeusca, conseguirmos unha Europa das nacións, unha Europa na que podermos realizar os teus soños, que son os nosos”, dixo o portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego.


FRONTE A TODO IMPERIALISMO

Na súa intervención neste acto -que estivo precedida pola do presidente do Consello Nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras, e polos candidatos de CiU e PNV, Ignaci Guardáns e Josu Ortuondo-, o número un dos nacionalistas galegos en Galeusca, Camilo Nogueira, afirmou que o recoñecimento dos direitos nacionais de Galiza é unha precondición necesaria para falarmos, en rigor, dunha Europa democrática.

A Europa que os nacionalistas galegos queremos, afirmou Nogueira, é unha Europa da diversidade, socialmente coesionada, independente fronte “a todo imperialismo” e asentada “sobre realidades nacionais que, como a galega, a catalá ou a basca, son claramente preexistentes á propria conformación do Estado español”.


17/05/2004 notas_de_prensa_archivo

<< volver | Portada

  busca y recomienda millones de vídeos  

Advertencia Legal: El contenido de las noticias, comunicados, notas de prensa, actos de agenda y entrevistas aparecidas en esta web es
responsabilidad exclusiva de la empresa u organización que las emite. noticias.info se limita a reproducirlas íntegramente.
© 2002-2008 NoticiasB2B, S.L.; Tel. (+34) 934 523 480 - info@noticias.info; Todos los derechos reservados.