más de 350.000 notas de prensa publicadas  
agencia internacional de noticias
notas de prensa
publicar
24 horas
mapa
noticias gratis
 
  ¿Qué? |¿Por qué?| Servicios | Contenidos |Aprenda Contratar Busca y compra online compras Busca millones de vídeos vídeos

  busca y recomienda millones de vídeos  
noticia patrocinada
noticias.info: publique ilimitadas notas de prensa y envíelas a todos los medios de España por sólo 299€/año
 

 


  Google
  Internet
noticias.info


Archivo > 2004 > Mayo > Jueves 20 > noticia n° 24.400





Fuente : BNG (Bloque Nacionalista Galego)
http://www.bng-galiza.org/

Zapatero, interpelado por Rodríguez no Congreso, elude comprometerse a non fechar nengún esteleiro galego

"Sería paradoxal que un esteleiro que non recebeu axudas, Izar-Fene, fose ser agora o pagano"

/noticias.info/ Boas palabras, nengún compromiso concreto, muito menos nengún anuncio en positivo respeito do futuro de Izar-Fene, o esteleiro que recebeu nengunha axuda pública de Bruxelas e que agora está no ponto de mira do Goberno.

José Luis Rodríguez Zapatero era interpelado esta tarde polo Portavoz do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez, quen lle pedía medidas concretas sobre como vai enfrontar a crítica situación dos esteleiros públicos despois da reclamación da UE para que devolva 308 millóns de euros por axudas consideradas ilegais. O presidente do Goberno eludiu comprometerse a non fechar nengún esteleiro galego.


VINTE ANOS DE DESMANTELAMENTOS CONTINUOS

"Señor Zapatero, esta reclamación faise nun contexto no que non hai libre competencia, no que a propria UE se viu obrigada nos últimos anos a regular mecanismos de axudas temporais e, cando despois de 20 anos de desmantelamentos continuos, o Estado español convértese na vítima dunhas decisións que nos fan ser un país que renuncia a un sector industrial estratéxico de grande importancia", sinalou Rodríguez na súa primeira intervención dirixida ao Presidente do Goberno español.

O Presidente do Executivo respostou recoñecendo que "somos conscientes da difícil situación financieira de Izar e das dificuldades que ten no seu futuro imediato", e unicamente sinalou que "imos enfrontar esta situación coa máxima vontade política para manter dentro do posíbel a actividade do sector. A nosa disposición para o diálogo laboral e sindical e a máxima disposición para a concertación coas Administracións autonómicas e locais polo impacto rexional que comporta". Pero en nengún momento falou de medidas concretas.

O deputado do BNG replicou á resposta de Zapatero dicindo que "gostaríamos que non aceitase sumisamente o deseño que se nos vén aplicando xa desde hai moitos anos e que agora ten a súa culminación. Rectifiquen as causas internas desta situación pero tamén discutamos as externas, inxustas, que conducen a un empobrecimento social e territorial e a prescindir dun sector de grande importancia estratéxica".

"Negocien a devolución dos cartos coa UE nun tempo que non poña en perigo ao sector. Manteñan todos os centros produtivos en todos os territorios do Estado español. Non renuncien á capacidade de produción. Intensifique a capacidade comercial que dista moito de facerse como debería. E modifique as estruturas organizativas de Izar criando complexos integrais do sector naval civil e militar nos distintos territorios. E permitan que Izar-Fene constrúa barcos, porque sería un paradoxo que o único centro que non recibiu axudas fora agora vítima dunha espada de Damocles ou pola súa eliminación. Por último, defendan as axudas mentras duren os debates na OMC e mentras duren os litixios que incluso a própria UE interpuxo ante a OMC. Con estas medidas poderemos saír medianamente ben parados neste conflito moi preocupante para Galiza", rematou o deputado nacionalista


19/05/2004 notas_de_prensa_archivo

<< volver | Portada

  busca y recomienda millones de vídeos  

Advertencia Legal: El contenido de las noticias, comunicados, notas de prensa, actos de agenda y entrevistas aparecidas en esta web es
responsabilidad exclusiva de la empresa u organización que las emite. noticias.info se limita a reproducirlas íntegramente.
© 2002-2008 NoticiasB2B, S.L.; Tel. (+34) 934 523 480 - info@noticias.info; Todos los derechos reservados.