|
Fuente : BNG (Bloque Nacionalista Galego)
http://www.bng-galiza.org/
O BNG esixe a mediación urxente do goberno para normalizar a situación da frota galega en Nafo
/noticias.info/ O Bloque Nacionalista Galego quer facer público o seu apoio á frota conxeladora galega paralizada na área pesqueira da NAFO e esixe ao goberno do Estado e da Xunta que interveñan para que se restableza a normalidade na zona e as trece embarcacións afectadas polo “asedio” de Canadá poidan volver a faenar “canto antes”.
O BNG, a través do seu deputado Bieito Lobeiro, califica de “insostíbel” a situación que están a padecer estas embarcacións, pois ademais de se enfrontar a unha reducción importante da cota pesqueira agora padecen o “celo inspector e posibelmente ilegal” das patrulleras canadienses, que exercen o labor de vixilancia máis alá das 200 millas.
Para Bieito Lobeira faise necesaria a mediación do miniserio en defensa dos mariñeiros, para que poidan realizar o seu traballo con garantías de seguridade, e máis da propia Xunta, para que faga efeitiva canto antes a resolución adoptada por unanimidade na Cámara galega ao respeito desta frota.
25/05/2004 notas_de_prensa_archivo
|